viernes, 22 de mayo de 2020

Museo do GAIÁS

Ola, que tal?

O alumano de 5º de educación primaria tiña que facer unha visita o Museo do GAIÁS o vindeiro 25 de maio, pero como non podemos ir, falei coa dirección de dito Museo, e pedinlle que nos deixara "visitalo" de forma virtual, así que, aquí o tedes, é para todos vos.

Ah! Queda aberto para que todos e todas o poidamos visitar, independientemente da nosa idade porque temos visitas programadas para todos os cursos.

ANIMÁDESVOS?

Aquí vos deixo a mensaxe que me mandaron:


Bo día,

Dende o Servizo de Educación e Mediación da Cidade da Cultura lamentamos non poder atendervos persoalmente nestes días de confinamento pero seguimos traballando en contidos didácticos vencellados ás ARTES, á HISTORIA e á NATUREZA. Da man dunha habitante moi especial do monte Gaiás: a raposa Fedella , astuta, intelixente, seareira da arte e amante do medio ambiente, propómoslle ao voso alumnado pescudas e retos para aprender de maneira divertida.
A que credes que a vosa cativada é capaz de resolvelos? Nós tamén!

Descargade os contidos aquí(Os cursos son orientativos. As actividades son aptas para todos os públicos)

RETO 1. BIBLIA KENNICOTT   arte  - 5º e 6º de Ed. PRIMARIA 

RETO 2. PARAÍSO TERRENAL    arte – Ed. INFANTIL + 1º e 2º de Ed. PRIMARIA

RETO 3. GUERREIRO E SANTA      arte – 5º e 6º de Ed. PRIMARIA

RETO 4. EXERIA, UNHA MULLER CURIOSA      historia e literatura  - 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. PRIMARIA

RETO 5. UN PASEO POLO BOSQUE   natureza  -1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. PRIMARIA
Agardamos que estas actividades sexan do voso interese. 
Un agarimoso saúdo,