Que tal rapaces e rapazas! Seguro que moi ben.
Para esta semana vos propoño outro circuito que espero e desexo que fagades tanto vos como as vosas familias.
Como xa sabedes, podédelo facer as veces que queirades, pero como sesións de educación física a semana temos dúas, gustaríame que polo menos fixerades este circuito dúas veces, unha por cada sesión que teriamos no colexio. Que vos parece?
Sería moi interesante que leades e vos fixedes moi ben como se fai cada exercicio, para intentalos facer o mellor posible e evitar posibles complicacións posteriores; e a ser posible, que estiverades diante dun adulto, para que vexa como o estades a fecer. Moitas gracias e espero que vos guste. Vereivos nos vídeos e fotos que mandedes.
Saúdos.
Circuito II