Como xa vos comentara, convidaron a nosa clase de 4º de Ed. Primaria a participar na Presentación do Campionato do Mundo de Loita que se celebrará en Pontevedra do 2 ao 8 de septembro, o pasado mércores 12 de xuño na Praza de España xunto con 4 clases máis de 4º doutros dous colexios da cidade, o CEIP Froebel e o CEIP Álvarez Limeses.
A xornada consistiu en facer os xogos de Loita que practicamos no programa do Xogaloita da Xunta de Galicia; gañar a pelota, o zorro, dar a volta a tortilla e pelexa de xeonllos.
Foi un luxo poder participar desta sesión polo que lle teño que dar as gracias ao propio Servicio de Deportes de Pontevedra pertencente a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Loita, representada nos loitadores Gonzalo Garrigós e Saúl Bello e o director técnico Pablo Pintos.
Saimos na Prensa: