martes, 11 de junio de 2024

Xornada de Convivencia e Xogos Tradicionais

Como vos comentara nunha cita anterior, o luns 10 de xuño, o noso alumnado das clases de 5º e 6º de ed. primaria tiveron unha xornada de Xogos Tradicionais nos campos de Petanca que temos entre os dous edificios da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

Foi unha xornada onde contamos coa colaboración da Asociación/Federación de Petanca, onde a parte de aprender e practicar sobre este deporte/xogo, relacionámonos con persoas maiores practicantes desta modalidade deportiva e ao xuntarnos con rapazada doutro colexio, fomentamos a colaboración e convivencia entre iguais.