Foi un luxo poder compartir toda a mañá con 260 rapaces e rapazas de 8 colexios de Pontevedra e a súa contorna de 6º de ed. primaria facendo esta sesión de salvamento e tivemos a sorte de contar coa axuda de Federación Galega de Balonmán que nos puxo un campo de balonmán praia con que a parte puidemos facer balonmán e os mestres de ed. física dos colexios inplicados, fixemos outras tres rotacións onde practicamos distintas actividades deportivas que serviran de quecemento para introducirse no auga.
O día non acompañou moito pero puidemos facer todas e cada unha das actividades plantexadas inicialmente sen problema.
Teño que agradecer ao Servicio de Deportes do Concello polas facilidades mostradas para facer esta sesión na praia fluvial como ao Servicio de Bombeiros de Pontevedra por acompañarnos toda a mañá velando pola nosa seguridade.
Foi un éxito e teño que agradecer a todos e cada un dos rapaces e rapazas asistentes coma ao porfesorado de todos os centros pola súa implicación e querer que saia o mellor posible estas actividades.