martes, 3 de diciembre de 2024

Xornada integración e sensibilización da Discapacidade

Ola, onte, o noso alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria, tiveron a sorte de contar cuns "mestres novos", pertencentes ao Juan XXIII, que solventaron cualquier dúbida que tivemos nas actividades que nos propuxeron: Os Xogos Tradicionais que fixeron eles mesmxs.

Foi unha verdadeira pasada poder disfrutar destes mestres que tanta dedicación nos dedicaron esperando que ámbolos dous grupos de participantes, aprendésemos moito e coñezamos un pouco máis as dificultades que teñen no seu día a día as persoas que teñen unha discapacidade.

Déixovos a mostra, pero podedes preguntarlle aos vosos fillxs:







Previamente, ámbalas dúas clases, tiveron unha charla coa psicóloga Sara do JUAN XXIII e unha integrante do centro Natalia, onde lles explicaron o seu día a día, o que fan no centro e como intentan prepararse para a vida diaria, axudándolles en todo o que o centro poida. Espero que a rapazada aprendese moitas cousas e se sensibilice da problemática que temos na sociedade.


lunes, 2 de diciembre de 2024

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MES DE DECEMBRO

Ola, como imos?

Aquí vos deixo as actividades deportivas correspondentes ao mes de decembro.

O 2 e 10 de decembro: sesión con todos os cursos de RCP-DESA en colaboración coa Escola de Enfermería de Pontevedra pertencente a Universidade de Vigo. Para esta sesión, o alumnado de Ed Infantil debe traer un peluche ao que lle teña máis apego.

O 10 de decembro: O alumnado de 3º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva Intercentros cos centros de CEIP Froebel e CEP Marcos da Portela.

O 11 de decembro: o alumnado de 6º de Ed. Primaria fará unha andaina pola cidade de Santiago para ver o Parlamento de Galicia e o MUPEGA.