sábado, 29 de marzo de 2025

Sesión de TENIS

Este mércores pasado, o noso alumnado de 5º de ed. primaria tivo a súa derradeira sesión de TENIS nas instalacións ca Clube de Tenis Pontevedra na Caeira.

Foi unha xornada estupenda, onde a parte de practicar o aprendido ata o de agora nas sesións preparatorias, convivimos con outros rapaces/as de 5º de primaria do CEIP Amor Ruibal.


















viernes, 28 de marzo de 2025

Actividades deportivas vosas 17

Aquí vos deixo as derradeiras fotos e videos que me chegaron. Coma sempre, vos animo a que mas enviedes a educacionfisica@cprsanjose.es
















martes, 25 de marzo de 2025

Sesión Baile Deportivo

Ola, ola, como imos?

No día de hoxe, o noso alumnado da clase de 4º de ed. primaria tivo a súa sesión preparatoria de Baile Deportivo por parte de Adrián Esperón, director da Escola de Baile Pontebaile (enlace), foi unha verdadeira pasada ver coma os rapaces empezaron tímidamente cos pasos marcados por Adrián, para acabar bailando sen nengún tipo de complexo. Foi unha marabilla ver esa evolución en tan pouco tempo.

Esta sesión sírvenos para preparar a xornada do día 8 de abril, onde nos xuntaremos con outros 225 rapaces de 4º de ed. primaria doutros colexios de Pontevedra e arredores.







Como sempre que temos unha sesión cun adestrador dun clube ou entidade, anímovos a que pasedes pola escola para informavos e proseguir con esta práctica deportiva tan saudable. Tedes toda a información nas seguintes fotos ou no enlace de arriba.




lunes, 24 de marzo de 2025

Práctica dos DXTS Adaptados coa Fundación ENKI

O xoves, 20 de marzo, o noso alumnado da clase de 6º de ed. primaria tivo a súa ultima sesión das que estivemos a traballar coa Fundación ENKI da Coruña durante todo o 2º trimestre.

Nesta sesión, tocounos practicar os diferentes dxts adaptados xunto con outros compañeirxs doutros centros escolares da provincia de Pontevedra que fixemos esta formación.

Foi unha verdadeira pasada poder empregar todo o material que tiñamos a nosa disposición; xunto con todo o equipo de adestradores e corredores que explicaban cada un dos deportes a practicar. Un luxo polo cal doulle as máis sinceiras gracias a Fundación ENKI, por deixarnos participar neste marabilloso programa de inclusión, tan necesario na sociedade de hoxe en día.

Os deportes que practicamos foron: slalon en cadeira de rodas, boccia, goalball, atletismo, volei sentados, joelette, ciclismo, handbike, fútbol e tenis; onde de forma rotativa pasamos por todos eles durante a mañá.

Nota de Prensa "La Voz de Galicia"