O pasado 27 de febreiro, o noso alumnado de 3º de ed. primaria tivo a sorte de poder probar o deporte de Loita Olímpica, sesión preparatoria para a xornada multideportiva do día 11 de marzo que faremos no pavillón municipal xunto con 250 rapaces de 3º de ed. primaria de 12 colexios de Pontevedra e a súa contorna.
Foi unha sesión moi satisfactoria porque a parte de facer unha actividade deportiva, coñecemos un deporte novo e de tanto arraigo nos Xogos Olímpicos.
Teño que darlle as gracias a Federación Galega de Loita polo gran interese en levar a cabo estas sesións e aos loitadores do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra e adestradores Iago, Gonzalo e Saúl, polo seu grandísimo labor para que o noso alumnado coñecese este fantástico deporte.