O xoves, 20 de marzo, o noso alumnado da clase de 6º de ed. primaria tivo a súa ultima sesión das que estivemos a traballar coa Fundación ENKI da Coruña durante todo o 2º trimestre.
Nesta sesión, tocounos practicar os diferentes dxts adaptados xunto con outros compañeirxs doutros centros escolares da provincia de Pontevedra que fixemos esta formación.
Foi unha verdadeira pasada poder empregar todo o material que tiñamos a nosa disposición; xunto con todo o equipo de adestradores e corredores que explicaban cada un dos deportes a practicar. Un luxo polo cal doulle as máis sinceiras gracias a Fundación ENKI, por deixarnos participar neste marabilloso programa de inclusión, tan necesario na sociedade de hoxe en día.
Os deportes que practicamos foron: slalon en cadeira de rodas, boccia, goalball, atletismo, volei sentados, joelette, ciclismo, handbike, fútbol e tenis; onde de forma rotativa pasamos por todos eles durante a mañá.
Nota de Prensa "La Voz de Galicia"