Ola, que tal?
Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos o longo deste mes de marzo. Vedes que seguimos co alto "ritmo" de actividades!!!
O 11 de marzo: O alumnado de 3º de Ed. Primaria fará a súa Xornada Intercentros con todo o alumnado de 3º de 12 centros escolares de Pontevedra e contorna no Pavillón Municipal dos Deportes e faremos: BÁDMINTON, RCP-DESA, ESGRIMA, LOITA OLÍMPICA e XOGOS TRADICIONAIS.
O 18 de marzo: O alumnado de 3º de Ed. Primaria terá a visita ao Aquario do Grove coa súa posterior ruta ata o Museo Salgareira e a andaina pola contorna.
O 19 de marzo: O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará a súa sesión preparatoria de TENIS para a gran xornada que teremos no clube de tenis da Caeira o 26 de marzo.
O 20 de marzo: O alumnado de 6º de Ed. Primaria terá a súa sesión final de DXTS ADAPTADOS xunto con nenxs doutros centros escolares da Provincia de Pontevedra a realizar nas instalacións do CGTD; organizada pola Fundación ENKI da Coruña.
O 21 de marzo: O alumnado de 1º de Ed. Primaria terá a súa sesión MULTIXOGO 6-8 do Programa Xogade con nenxs dos colexios CEIP Seixo e CEIP Froebel no Pavillón Municipal dos Deportes.
O 24 de marzo: O alumnado de 4º de Ed. Infanfil fará a súa visita a Granxa Serantellos onde a parte de aprender a ser agricultores e gandeiros, faremos unha andaina polos arredores.
O 28 de marzo: O alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria fará unha andaina ata o CRE da ONCE de Pontevedra onde participaremos nuha xornada de portas abertas para que vivencien en primeira persoa as dificultades no seu día a día das persoas cegas.
Dende o 6 ata o 28 de marzo faremos a formación de TENIS co alumnado de Ed. Primaria. Material cedido pola Federación Galega de Tenis.