viernes, 30 de mayo de 2025

Sesión Baloncesto

No día de hoxe, o noso alumnado das clases de 1º e 2º de Ed. Primaria, tiveron unha sesión de baloncesto levada polo clube Estudiantes co seu adestrador Cristiano.

Foron unhas sesións estupendas onde puideron practicar os pases, dominio de balón e lanzamentos a canasta. 

Como sempre que veñen de algún clube, podedes ir a algunha sesión de forma completamente GRATUITA para os voso fillos. Os interesados podedes chamar ao número que está aquí abaixo:















Actividades Deportivas vosas 22

Ola, ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas fóra do cole. Coma sempre, vos animo a que mas sigades enviando para entre todxs, completar este blogue deportivo.

Sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es



Volar 1

Volar 2










miércoles, 28 de mayo de 2025

Xornada final Salvamento

Hoxe, o noso alumnado da clase de 6º de ed. primaria fixo a última sesión de Salvamento levada polo Clube SAPO de Pontevedra na praia fluvial de Pontevedra, compartindo mañá con outros 200 rapaces da súa mesma idade de 8 centros escolares dos que conformamos ADESPONT.

Como xa vos indiquei varias veces, é unha actividade organizada por ADESPONT baixo o amparo do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Foi unha xornada estupenda onde a parte de practicas Salvamento, fixemos outras 4 rotacións, unha de xogos de Salvamento en terra, outra de Xogos Alternativos, outra de quecemento e outra de RCP-Desa da man da Escola de Enfermería de Pontevedra.

Quero agradecer ao SAPO, a Escola de Enfermería e máis o alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS pola súa aportación para con nós, levando estas actividades dunha forma espectacular para que o noso alumnado sacase o maior proveito.

Así mesmo, quero darlles as gracias ao Servicio de Bombeiros do concello, por acompañarnos durante a mañá estando alerta por si houbera algún incidente, cousa que non aconteceu.

Así mesmo, tamén quero deixar constancia a axuda que nos brindou o Servicio de Deportes e o Servicio de Medio Ambiente do concello de Pontevedra, limpando a praia e deixándonos as chaves dos baños para que os puidésemos empregar se os necesitábamos.

Por favor, preguntade os vosos fillxs que lles pareceu...







martes, 27 de mayo de 2025

Sesión Baloncesto

No día de hoxe, o noso alumnado das clases de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron unha sesión de baloncesto levada polo clube Estudiantes co seu adestrador Cristiano.

Foron unhas sesións estupendas onde puideron practicar os pases, dominio de balón e lanzamentos a canasta. 

Como sempre que veñen de algún clube, podedes ir a algunha sesión de forma completamente GRATUITA para os voso fillos. Os interesados podedes falar comigo.








 






O próximo venres, tocaralles o turno as clases de 1º e 2º de Ed. Primaria...

viernes, 23 de mayo de 2025

Actividades Deportivas Vosas 21

Ola, ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas fóra do cole. Coma sempre, vos animo a que mas sigades enviando para entre todxs, completar este blogue deportivo.

Sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es








lunes, 19 de mayo de 2025

Pentatlón Moderno

Hoxe, o noso alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, puideron probar o PENTATLÓN MODERNO da man do adestrador do novo clube da cidade, Ricardo.

Coma ocorreu co alumnado de 3º e 4º, foi todo un acerto practicalo posto que quedaron encantados, e iso que só foi unha primeira toma de contacto e puidemos facer dúas das diciplinas que se realizan no Pentatlón: carreira e disparo.

Preguntádelle a os vosos fillxs para ver que vos din...

Como xa vos comentara anteriormente. a miña idea é que o próximo curso, poidamos ter este deporte como actividade extraescolar. Veremos...