Hoxe, o alumnado de 3º de Ed. primaria, tivo a súa 2ª sesión de Tenis de Mesa, levada a cabo no pavillón do Príncipe Felipe en colaboración co Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro.
Puxeron en práctica todo o aprendido na 1ª sesión levada a cabo a anterior semana nunha clase de EF.
A sesión consistiu en facer partidillos ao mellor de 7 puntos, pasando a xogar todos contra todos a modo de liguiña.
É un luxo poder contar coa colaboración do clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, implicándose en todo o organizada na xornada. Nós, coincidimos co alumnado do CEP Marcos da Portela e foi unha sesión de convivencia espectacular, a parte de practicalo deporte correspondiente.
Esta actividade está incluida dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.
Como xa vos indiquei por ABALAR, o Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, convida ao alumnado de 3º de ed. primaria, a asistir a un adestramento do clube completamente GRATUITA o vindeiro martes 20 de maio as 19:00 horas no pavillón do Príncipe Felipe.