miércoles, 14 de mayo de 2025

Sesión de GOLF no campo de Golf

Hoxe, o noso alumnado da clase de 5º de Ed. Primaria, visitou as instalacións do Campo de Golf de Rois onde puido poñer en práctica o aprendido nas sesións previas de Ed. Física, traballadas no pavillón.

É unha actividade que está dentro do Programa Xogade pertencente ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.

Foi un verdadeiro placer poder disfrutala posto que a grandísima maioría dos nosos alumnxs, nunca estivera nunhas instalacións como un campo de golf. Puidemos ver os diferentes tipos de "Hoyos" aos que os xogadores se teñen que enfrontar, máis longos e máis curtos, con bunkers de area ou lagos; e logo, no campo de prácticas, golpeamos tantas bolas como quixeron; cos palos 7 e 8; intentando meter a bola dentro dunha portería, chegar a tocar unha bandeira ou chegar o máis lonxe posible empregando estes dous palos

O noso "adestrador" ADRIÁN, ten un mérito increíble posto que resolveu airadamente todas e cada unha das preguntas ou cuestións que o noso alumnado lle plantexou. Parabéns!!!