Ola, ola, que tal?
Como vos comentara, hoxe, o noso alumnado da clase de 6º de Ed. Primaria, tivo a súa 2ª sesión de SALVAMENTO a cargo do adestrador do SAPO, David e contando coa inestimable colaboración do alumnado e profesorado do ciclo do TSEAS que tanto colaboran con nós nestas actividades deportivas grupais.
Teño que darlles as gracias a todos eles, posto que foi unha experiencia brutal para a nosa rapazada e serviulles de preparación para a derradeira xornada de SALVAMENTO que levaremos a cabo o 28 de maio na praia fluvial de Pontevedra.
Esta actividade está englobada dentro do programa XOGADE pertencente ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.
Traballamos cos monecos, cos Floppys e cos Nippers. Toda unha experiencia fenómena.
Como mostra...