jueves, 26 de marzo de 2020

Actividades Inclusivas

Ola a tod@s!

Para todos os que necesitedes encher algún tempo ó longo do día, aquí vos van algunhas posibilidades para facer Actividades Inclusivas. 

https://www.concursoescolaronce.es/blog/actividades-inclusivas-para-trabajar-en-tiempo-de-aislamiento/?utm_source=BenchmarkEmail&utm_campaign=ONCE_ACTIVIDAD_MARZO&utm_medium=email


Esta entrada, é dende a páxina do Concurso da ONCE, no que participamos o alumnado do curso de 4º de primaria. Paréceme moi atractivo e sobre todo, hai algunhas películas moi interesantes para tratar diferentes problemáticas dos nosos rapaces/as dende diferentes puntos de vista. Espero que vos guste.

Apertas.

Rutinas deportivas dos nosos compañeiros/as

Ola, cómo o levades?

Xa casi levamos dúas semanas de confinamento. Moito ánimo a tod@s!!!

Como vos pedín, algún/a de vos xa fostes mandando algún vídeo e fotos das actividades deportivas que ides facendo o longo dos días. Aquí vai unha primeira mostra delo.

Invítovos a que sigades facendo o exercicio que podades porque é moi bo, adaptándoo ó espazo que teñades, posto que os que vivides nunha casa con finca, tedes moitas máis posibilidades pero iso non é motivo para os que non a teñamos, de non facer exercicio; e se o compartides con nós, mellor que mellor.

Por favor, avisade os vosos compañeiros/as para que manden alguna cousa deles facendo as súas actividades deportivas. Moitas gracias e seguir disfrutanto destas xornadas como se poida.










 



domingo, 22 de marzo de 2020

Fotos e vídeos

Ola! Que tal? Como o levades?

Xa levamos unha semana e só quedan... tres (según dixo hoxe o Presidente do Goberno). Ánimo!!!

O que estiven pensando estes días, e que seguro que tamén se vos ocorreu a algún de vós, é intentar facer entre tod@s un vídeo con fotos ou vídeos pequenos que se vos vexa facendo algún tipo de actividade física, que vos parece? Penso que podería estar ben se participamos moitos, podedes facer tamén algún debuxo ou frase que se vos ocorra onde se destaque a importancia de facer exercicio físico todos os días. Gustaríavos participar? Sería xenial.

Podedes ir sacando unha foto ou vídeo de algún exercicio físico que fagades diariamente e mandalos ó correo do cole: colexiosanjose@hotmail.com a atención do profe Gonzalo, e así, cando teñamos todas as fotos ou vídeos que enviedes, podemos facer unha recopilación de todo e vémola ao incorporarnos ó cole.
Por este motivo, podedes ir mandando o que consideredes a este correo do colexio durante todo o tempo de confinamento na casa, sendo o derradeiro día, o último día de estar na casa antes da incorporación ás clases, vos parece?

Pois iso e todo, moito ánimo e espero que mandedes moitas fotos e vídeos cos vosos exercicios!!!

Vémonos pronto!!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

Para estes días... XADREZ!!!

Bo día! Cómo vai a cousa?

Dende o departamento de Educación Física no día de hoxe, propónsevos unhas sesións de xadrez.

Como xa sabemos tod@s como se moven as pezas, imos facer partidas entre nós ou contra os nosos maiores, partindo destes exemplos, se queredes, claro está.

Podemos comezar xogando TORRES contra TORRES, primerio sen poder comer e gañando o que chegue o lugar de inicio das pezas do compañeiro/a, e logo podendo comer.
Así mesmo, podemos facelo cos ALFILES e CABALOS.

Se aínda temos máis ganas de seguir, podemos facer unha partida de TORRES contra DAMA, ALFILES contra DAMA, ALFILES e CABALOS contra dama, e todas as combinacións que se vos ocorran.

Para outro día, podemos empezar cos PEÓNS, facendo unha partida entre PEÓNS, gañando o que coma tódolos PEÓNS do compañeiro/a ou o primeiro que sexa capaz de "coroar".
Agora, que vos parece unha partida de PEÓNS contra TORRES?, e PEÓNS contra ALFILES?, e PEÓNS contra CABALOS?, e por último, PEÓNS contra DAMA?

Para os seguintes días, que vos parece facer unha partida con tódalas pezas??? ÁNIMO.

Recordade, pensar antes de mover as pezas!!!



Aí vos van uns enlaces de interese e diversión:

Canción para ensinar o movemento das pezas: https://www.youtube.com/watch?v=AHZZ8vLhr4g

Conto: https://www.youtube.com/watch?v=Yyp3l-6J75k


Sitio onde aprender a xogar o xadrez: http://www.123ajedrez.com/    

lunes, 16 de marzo de 2020

Modificacións das recomendacións para estes días

Ola, bo día! Qué tal vai o confinamento?

Aquí vos van algunhas modificacións con respecto as recomendacións do venres. Como pasamos a un estado de alarma, non podemos sair das casas, só podemos sair para comprar comida, ir as farmacias, ir ó medico, pasear as mascotas, etc., por conseguinte o que se recomenda facer son xogos de mesa, actividades de pintar, facer teatro, disfrazarse, e incluso para algún que teña espacio suficiente, facer algúns exercicios analíticos de ed. física (abdominais, lumbares, traballo de pernas, brazos, traballo de core en xeral).

Moito ánimo que acabamos de comenzar!!!

viernes, 13 de marzo de 2020

Recomendacións para estes días

Ola a tod@s, qué tal? Debido ó improviso destes días, dende o departamento de educación física do centro propóñense algunhas actividades para facer ó longo deste tempo. O máis importante de todo é seguir as indicacións das autoridades competentes o respecto (Goberno Central, Goberno Autonómico, Ministerio ou Consellería de Sanidade, etc) e despoís, algo moi importante é seguir o SENTIDO COMÚN.

Despois de pensar nisto, aquí vos van algunhas recomendacións por si vos apetece seguilas, sendo cada un/unha voluntario/a para facelo ou non.

1º - RECORDA: se cerraron os coles non é para montar reunións alternativas!!!

2º - Non é recomendable que os nenos/as visiten parques de bolas, cines, restaurantes, columpios (pode ser un foco de transmisión), nin casas doutros amiguitos.

3º - Sae da casa o imprescindible.

4º - E si necesitamos sair a rúa, pasea por espazos abertos e evita achegarte en exceso a outras persoas mantendo unha distancia entre metro e metro e medio. 

5º - Unha vez na rúa, podes andar en bicicleta, patíns, pasear no campo ou bosque, praia ou calqueira outro espazo aberto. 

6º - Como é tan importante lavar as mans, aquí vai un xogo:
     a) Dille a papi ou mami que pinte un coronavirus no dorso de cada man cada mañá.
    b) Durante o día tes que borrar o debuxo con auga e xabón, ¡cantas máis veces laves as mans, mellor!
      c) Se a noite conseguiches borrar o coronavirus...gañas un punto!. 
     d) Se acumulas 15 puntos nestos 15 días, gañas un premio!!! (canseable por algún destes premios: de postre o que queiras, durmir media hora máis, elexir a comida, etc).

ADOPTEMOS AS MEDIDAS CON SERENIDADE E RESPETO.

domingo, 8 de marzo de 2020

Xornada Intercentros

Este último venres, 6 de marzo, asistimos á primeira xornada intercentros co alumnado de 6º de primaria ó colexio CEIP San Benito de Lérez, onde o pasamos moi ben tanto os nenos e nenas participantes, coma os mestres acompañantes.

Nesta sesión comezamos co deporte do floorball (unha adaptación recreativa do hóckey), onde en equipos de 7 ou 8 compañeiros fomos facendo partidiños en forma de liga, ata conseguir xogar un todos contra todos. A continuación, xogamos ó deporte do kickball (unha adaptación do béisbol, pero pateando a pelota co pé), en equipos de 11 ou 12 compañeiros/as.
Chegado este momento, fixemos unha paradiña para merendar, onde a mestra do CEIP San Benito, Chus, convidounos a froita (mazás, plátanos e mandarinas), que estaban boísimas, puidendo repetir as veces que cada un quixo.
Logo deste refrixerio, continuamos co deporte da pelota canadiense (unha unión do atletismo e o balonmán), por equipos de 11 ou 12 xogadores onde un equipo atacaba e outro defendía de cada vez. Por último, para rematar, fixemos o deporte do datchball (variante do brilé), outra vez en equipos de 11 ou 12 compañeiros. Xogo moi rápido onde todos/as debemos estar moi atentos porque tan rápido quedas eliminado, como ó pouco, volves xogar.

Como podedes ver, son deportes adaptados e acondicionados para que poidamos xogar todos e todas sen ningún problema, porque o obxectivo último é xogar e pasalo moi ben.

Os equipos, fixémolos mixtos tanto de rapaces e rapazas, coma de nenos/as dos dous colexios, fomentando a inclusión e integración de todos os participantes.

A experiencia foi maravillosa quedando todos e todas plenamente satisfeitos e incluso, con ganas de máis.

A próxima xornada de intercentros será a semana do 20 o 24 de abril co alumnado de 5º de primaria, onde faremos estes deportes e incluiremos algún novo, sempre que nos dea tempo.