Hoxe tocaba...pera!!! e toda a rapazada tomouna sen problema, os que os pais autorizastes, claro está. Estaba boísima e como podedes comprobar nas fotos que inclúo a continuación, tiveron moita aceptación.
martes, 13 de abril de 2021
lunes, 12 de abril de 2021
Froita
Ola, hoxe retomamos o tema da froita!!! Temos por diante, duas semanas cheas de froita, onde cada un dos días lectivos, imos repartir unha froita diferente a cada rapaz, sempre contando coa vosa aprobación.
O equipo de mestres, espera que vos parece interesante esta iniciativa, para iso a facemos.
Xa sabedes, que este programa de froita, vai subvencionado polo FOGGA pertencente a Xunta de Galicia.
Esta semana teremos:
Luns - AMEIXA
Martes - PERA
Mércores - PLÁTANO
Xoves - UVAS
Venres - ARANDOS
Aquí vos deixo as fotos que me chegaron da rapazada comendo a froita de hoxe.
lunes, 5 de abril de 2021
Actividades deportivas novas
Ola, que tal?
Como foron as vacacións? Seguro que co bo tempo que fixo, practicastes moitos deportes e actividades ó aire libre; así que, espero que mas enviedes para que as poida subir a este blogue.
Xa sabedes que podedes envialas o seguinte correo: educacionfisica@cprsanjose.es
(NOTA: por un erro meu, puxera que o "dominio" do correo era .com, pero é .es // Sinto moito)
Aquí vos deixo o que me foi chegando e inclúo unha actividade dendo o departameto da Biblioteca do cole, coordinado pola profe María Vidal, que consistía en facer un "DITADO por RELEVOS", proba que consistía en unir as diferentes pezas e formar un texto/ditado por equipos e desprazándose de distintas formas mentras facían os relevos; co alumnado de 1º de educación primaria onde aplicáronse moito para acadar a terminar o ditado. Foi todo un éxito e felicito tanto o alumnado como a mestra polo bo traballo realizado.
PARABÉNS!!!























































