Seguimos co leite, e a verdade é que ten moi boa aceptación.
Para a próxima semana, será a derradeira deste curso escolar coas boas prácticas de consumo de froitas e leite. Por iso... imos desfrutar!!!
Seguimos co leite, e a verdade é que ten moi boa aceptación.
Para a próxima semana, será a derradeira deste curso escolar coas boas prácticas de consumo de froitas e leite. Por iso... imos desfrutar!!!
Ola, como imos?
Aquí vos deixo o saúdo especial que nos fixo Orbil, mascota e alma máter do Salón do Libro de Pontevedra.
Espero que vos guste tanto como a mín.
Saúdos
Esta ano, non puidemos facer a tradicional andaina ata o lugar do Salón, foi unha pena pero con esto da pandemia...
Espero que o próximo ano, esté todo máis normalizado e poidamos retomar esas camiñatas.
Ola, ola! Que tal?
Xa temos mascota do noso Proxecto Deportivo!!!
Cada un do noso alumnado, fixo na clase de educación plástica, un debuxo onde reflexaba o seu parecer dunha mascota do proxecto deportivo. Houbo debuxos moi bonitos e custou decidir, pero aquí está o que resultou vencedor:
Como vos comentara, seguimos coa campaña do leite e a verdade é que estamos impresionados co ben que a toman. Ánimo rapazada, así da gusto!!!
Xa estamos de volta cos programas de hábitos de vida saudables e agora toca...o leite!!!
Onte, foi o primeiro día e a aceptación da rapazada foi moi boa, esperamos que siga así. Para mostra, déixovos unhas fotiños:
Nos próximos días, publicarei máis fotos do resto de rapazada do colexio!!!
Este luns, 03-05-21, a noso alumnado de 3º curso de educación primaria, acompañados por dúas mestras e o arqueólogo Rafa Quintía, acercouse ao Outerio das Mouras en Salcedo, para facer unha andaina pola zona o mesmo tempo que aprendían como viviron os nosos antepasados no lugar e a súa contorna.
A información proporcionada por Rafa, foi altamente atendida polo noso alumnado, estando pendentes en todo momento, das anotacións que lles ía dando.
Próximamente, tocaralle o turno o noso alumnado de 4º de educación primaria, e espero que sexa igual de motivante que esta primeira visita.
É un lugar que vos invito a que visitedes, é moi interesante, é gratuíto e está moi preto da nosa cidade.
Déixovos unhas fotos:
Todo isto o facemos dentro da importancia que dende o colexio lle damos as actividades no exterior, onde os nosos rapaces e rapazas disfrutan do aire libre, caminan, fomentando as actividades deportivas fóra dos espacios habituais ó mesmo tempo que aprenden e vivencian o ensinado na clase.
Este ano, resulta moi complicado facer actividades complementarias coa pandemia que temos enriba, pero desde o colexio, intentamos fomentar estas xornadas de convivencia que creemos tan importantes para o desenrolo da nosa cativada.