viernes, 10 de marzo de 2023

Xadrez

Ola, ola, que tal?

Vimos de rematar as xornadas de xadrez que realizamos todos os anos no colexio. Participou todo o alumnado dende 1º a 6º de educación primaria. Vexo unha mellora considerable en algún alumnado, sobre todo no que mostra interese por aprender, coma en todas as actividades e materias.

Nótase moitísimo nos rapaces que xogan algunha vez na casa coas súas familias, sobre todo no coidado do material e na atención que prestan nas explicacións.

Contamos outra vez, coma dende a introducción do xadrez nas clases de educación física do centro, coa colaboración do Clube Xadrez Pontevedra da man de Miguel, adestrador da Escola. Un luxo poder contar coa súa presencia.




























jueves, 9 de marzo de 2023

Programa "RCP na Aula"

O luns, comezamos o xa tradicional programa "RCP na Aula", co cal pretendo que o noso alumnado coñeza de primeira man o que temos que facer ante unha posible parada cardiorrespiratoria. Como sabedes, en 1º e 2º de educación primaria, ven e manipulan os monecos de RCP e a partir de 3º ata 6º de educación primaria, facemos o programa en sí.

O alumnado de 6º de educación primaria, se vos os pais, nais ou titores legais o autorizades e superan a proba, reciben o diploma que lles acredita como coñecedores do Soporte Vital Básico









Aproveitando a ocasión, na xornada de onte, tivemos a sorte de contar con varias nais e pais que quixeron facer e probar a realizar o RCP e uso do DESA que fan os seus fillos e fillas. Teño que darlles as gracias por vir, facer e involucrarse no programa. É unha pena que foran poucos pais e nais os que puideron vir, pero espero que en próximas convocatorias, poidades vir máis e así entre todos e todas formar unha boa comunidade educativa.

Tamén teño que agradecer as miñas mestras compañeiras que quixeron formar parte da sesión, participando moi activamente nela.

Cantos máis saibamos como actuar, mellor que mellor para todos e todas, non vos parece?











Coreografías

Ola, como imos?

O martes pasado tivemos a sorte de contar coa presencia da coreógrafa e mestra de baile moderno Nana, pertencente a Escola de Danza Fita Novas coas clases de 3º e 4º de educación primaria. Teño que darlle as gracias polo seu saber facer e as maxistrais sesións que nos fixo.

Esta xornada a imos cumplimentar coa xornada intecentros que faremos o 28 de marzo, onde imos completar e demostrar todo o aprendido no martes pasado.

Temos de todo, uns bailan estupendamente e a outros...lles custa un pouquiño máis.












Nana, deixounos esta cuartilla, por si algún quere apuntarse as súas clases e poder seguir disfrutando do baile.



viernes, 3 de marzo de 2023

Máis deportes vosos...

Ola, que tal?

Aquí vos deixo o último que me chegou.

Vos animo a que enviades as vosas fotos e vídeos a educacionfisica@cprsanjose.es








miércoles, 1 de marzo de 2023

Xornada Intercentros. CPR San José - CEIP Xunqueira I

Ola, o martes pasado, tivemos a segunda xornada intercentros onde participamos o noso colexio e o Xunqueira I co alumnado de 4º de educación primaria.

Nesta xornada fixemos o deporte do Bádminton e tamén tivemos tempo para facer os deportes alternativos de Floorball, Pelota Canadiense e Kickball.

Foi todo un éxito e todos/as os rapaces e rapazas disfrutamos desta xornada de convivencia e deporte, nun ambiente san e de cordialidade, quedando con gañas de repetir en vindeiras ocasións.

O equipo locatario, o colexio San José, foi o encargado de "invitar" os nosos convidados con froita, auga e leite, para repoñer as forzas gastadas durante a xornada.

Déixovos aquí unhas fotos cos deportes que fixemos.
















A próxima xornada intercentros será un pouco especial, porque xuntaremos a todo o alumnado de 3º e 4º de educación primaria dos colexios: CEIP Froebel, CEIP Xunqueira I, CEIP Cabanas, CEIP Santo André de Xeve e CPR San José para facer os seguintes deportes Balonmán, Baloncesto, Baile Moderno, Rugby Cinta e Xogos Tradicionais a finais do mes de marzo. 

Seguro que é un novo éxito!!!