Ola, ola, que tal?
Aquí vos deixo as últimas fotos vosas que me chegaron. Como vedes, seguimos practicando deportes novos e paréceme estupendo.
Espero que me sigades mandando máis e máis ao correo educacionfisica@cprsanjose.es
Apertas.
Ola, ola, que tal?
Aquí vos deixo as últimas fotos vosas que me chegaron. Como vedes, seguimos practicando deportes novos e paréceme estupendo.
Espero que me sigades mandando máis e máis ao correo educacionfisica@cprsanjose.es
Apertas.
O luns pasado tamén tivemos a xorte de contar co alumnado e profesorado da Escola de Enfermería de Pontevedra para impartirnos unhas sesións maxistrais de RCP-DESA, adaptándose as idades dos nosos rapaces. É un luxo poder contar con esta colaboración, a cal levamos fancendo uns anos, posto que non sabemos cando imos necesitar que alguén nos axude ou nos temos que atender unha emerxencia; polo que é fundamental que saibamos como actuar dende pequenos.
Este luns tocoulle o turno as clases de 4º e 5º de Ed. infantil, 3º, 5º e 6º de Ed. Primaria mentres que o martes que ven, tocaralle a 6º de Ed. Infanfil, 1º,2º e 4º de Ed. Primaria.
Espero que lle preguntedes a rapazada, posto que o pasamos xenial e aprendimos moito, moito. Para mostra...
Ola, onte, o noso alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria, tiveron a sorte de contar cuns "mestres novos", pertencentes ao Juan XXIII, que solventaron cualquier dúbida que tivemos nas actividades que nos propuxeron: Os Xogos Tradicionais que fixeron eles mesmxs.
Foi unha verdadeira pasada poder disfrutar destes mestres que tanta dedicación nos dedicaron esperando que ámbolos dous grupos de participantes, aprendésemos moito e coñezamos un pouco máis as dificultades que teñen no seu día a día as persoas que teñen unha discapacidade.
Déixovos a mostra, pero podedes preguntarlle aos vosos fillxs:
Previamente, ámbalas dúas clases, tiveron unha charla coa psicóloga Sara do JUAN XXIII e unha integrante do centro Natalia, onde lles explicaron o seu día a día, o que fan no centro e como intentan prepararse para a vida diaria, axudándolles en todo o que o centro poida. Espero que a rapazada aprendese moitas cousas e se sensibilice da problemática que temos na sociedade.
Ola, como imos?
Aquí vos deixo as actividades deportivas correspondentes ao mes de decembro.
O 2 e 10 de decembro: sesión con todos os cursos de RCP-DESA en colaboración coa Escola de Enfermería de Pontevedra pertencente a Universidade de Vigo. Para esta sesión, o alumnado de Ed Infantil debe traer un peluche ao que lle teña máis apego.
O 10 de decembro: O alumnado de 3º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva Intercentros cos centros de CEIP Froebel e CEP Marcos da Portela.
O 11 de decembro: o alumnado de 6º de Ed. Primaria fará unha andaina pola cidade de Santiago para ver o Parlamento de Galicia e o MUPEGA.
Ola, ola! Que tal foi a semana?
Aquí vos deixo as fotos que me enviastes. Xa sabedes que podedes enviarme as vosas fotos ou videos ao correo educacionfisca@cprsanjose.es para que as poida subir a este blogue. Esperámosvos!!!
Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos practicando actividades deportivas fóra do cole. Coma vedes temos un pouco de toco.
Vos animo a que sigades practicando e que mas enviedes para que as poida subir a este blogue deportivo que completmamos entre todxs.
Podedes enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es