lunes, 2 de febrero de 2026

Actividades Deportivas mes de Febreiro

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de febreiro. Seguimos collendo ritmo.

Dendo o 2 ata o 10 de febreiro: O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá as súas sesións de RCP-DESA que facemos dentro do Programa "RCP na AULA" organizados pola Concesellería de Educación e de Sanidade.

2 de febreiro: O alumnado de 5º de Ed. Primaria terá a súa sesión de Baile Moderno que lles servirá de preparación para a gran Xornada Multideportiva do vindeiro 25 de febreiro onde nos xuntaremos con 306 compañeirxs dos 11 colexios que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE. 

10 de febreiro: O alumnado de 4º e 6º de Ed. Infantil fará unha camiñata ata o Museo onde fará unha actividade nestas instalacións.

11 de febreiro: O alumnado de 6º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva de Deportes Inclusivos na Avda. Motero Rías se non chove e no Pavillón Municipal si así é, xunto con 311 rapaces de 12 colexios da cidade e arredores compoñentes de ADESPONT.

12 de febreiro: O alumnado de 5º de Ed. Infantil fará unha camiñata ata o Museo onde fará unha actividade nestas instalacións.

20 de febreiro: O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria fará unha camiñata ata a Deputación onde estaremos presentes na Presentación do Equipo Ciclista Froiz que comeza unha nova temporada despóis da exitosa temporada pasada.

25 de febreiroO alumnado de 5º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva de Orientación, Baile Moderno, Deportes Inclusivos e RCP-DESA-Manobra de HEIMLICH na Avda. Motero Rías se non chove e no Pavillón Municipal si así é, xunto con 306 rapaces de 12 colexios da cidade e arredores compoñentes de ADESPONT.