miércoles, 11 de febrero de 2026

Formación nais e pais RCP-DESA-MANOBRA de HEIMLICH

Na tarde de onte, tivemos a charla sobre RCP-DESA-MANOBRA de HEIMLICH que temos co alumnado, pero desta vez, os protagonistas foron as nais e pais de parte dese alumnado. Teño que darlles as máis sinceiras gracias aos asistentes, porque tal e como está a complexidade de conciliación familiar, é de agradecer que puidésedes vir e pasar esta media tarde con nós. Así mesmo, tamén lle dou as gracias as mestras que se acercaron e estiveron con nós nesta formación.

Puidemos falar e practicar un pouco do RCP, outro pouco do DESA e por último, da MANOBRA de HEIMLICH. Todo saiu estupendamente e estivemos tempo de máis, o cal é de agradecer; simplemente comentar que houbo un pouco de pique san, no xogo dos vehículos para ver quen chegaba primeiro, je, je, je.

Como mostra:











A implicación de todxs os participantes foi xenial; ánimo e que sigades con gañas de seguir aprendendo!!!