miércoles, 11 de febrero de 2026

Xornada Multideportiva "Deportes de inclusión"

Ola, la, como imos?

Hoxe, o noso alumnado da clase de 6º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada Multideportiva de Deportes Inclusivos, contando coa inestimable colaboración do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia pagando o transporte e o seguro do alumnado, o Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra cedéndonos as instalacións do Pavillón Municipal e as diferentes colaboracións de entidades as cales teño que darlle as gracias INFINITAS posto que sen eles, sería imposible realizar unha desta xornadas onde tanta loxística se precisa.

Comezo a citalos:

AMIZADE

AMENCER-ASPACE

JUAN XXIII

BASKETMI FERROL

ONCE

ENKI

CICLO DO TSEAS

ESCOLA de ENFERMERÍA de PONTEVEDRA

Como sucede nestas xornadas, o que pretendo é que pasen unha sesión de convivencia con rapaces e rapazas doutros colexios de Pontevedra, Poio e Barro, a parte de facer máis e mellor actividade física e que sensibilicen o seu parecer ante a diversidade funcinal.

O alumnado está dividido en 4 grupos, estando formado cada grupo por nenos e nenas de todos os colexios, e de forma rotativa van pasando cada media hora por unha modalidade deportiva.

Estas foron:

RCP-DESA MANOBRA de HEIMLICH

VOLEI SENTADO e BOCCIA

DESPRAZAMENTOS por PARELLAS con OLLOS TAPADOS

SLALON e BALONCESTO en CADEIRA de RODAS e BICICLETAS ADAPTADAS


Por utra banda, teño que dar as gracias tamén a Supermercados FROIZ e a Corporación Alimentaria PEÑASANTA por colaborar con nos, poñendo augas, froita e iogures para todos os participantes.


É un verdadeiro pracer poder organizar estas xornadas, vemos a cara dos rapacxs e vemos como disfrutan, iso é o que máis nos enche aos mestres de EF que organizamos estas xornadas.

Preguntade a rapaxzada...









A prensa uniuse a nosa sesión (pincha enriba para ir a noticia):




Diario de Pontevedra: