Onte, o noso alumnado da clase de 3º de Ed. Primaria, tivo a súa sesión de LOITA OLÍMPICA levado por Carlota e Saúl, compoñentes das seleccións galegas e españolas de Loita Olímpica.
Foi unha pasada ver como aprendían as diferentes técnicas seguindo as instruccións dos adestradores, da gusto ver o seu progreso en tan pouco tempo.
Esperemos que a recordemos para levala a practica o día 10 de marzo na Xornada Multideportiva organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE.







