Ola, ola, que tal?
Onte, o noso alumnado da clase de 5º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada Multideportiva de RCP-DESA, Baile Moderno, Orientación e Deportes Inclusivos, contando coa inestimable colaboración do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia pagando o transporte e o seguro do alumnado, o Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra cedéndonos as instalacións do Pavillón Municipal e as diferentes colaboracións de entidades as cales teño que darlle as gracias INFINITAS posto que sen eles, sería imposible realizar unha destas xornadas onde tanta loxística se precisa.
Comezo a citalos:
AMIZADE
Programa RODANDO de AMENCER-ASPACE
JUAN XXIII
XUNTOS
ONCE
ENKI
CICLO DO TSEAS
ESCOLA de ENFERMERÍA de PONTEVEDRA
Como sucede nestas xornadas, o que pretendo é que pasen unha sesión de convivencia con rapaces e rapazas doutros colexios de Pontevedra, Poio e Barro, CONCRETAMENTE, 12 centros, a parte de facer máis e mellor actividade física e que se sensibilicen da diversidade funcinal.
O alumnado está dividido en 4 grupos, estando formado cada grupo por nenos e nenas de todos os colexios, e de forma rotativa van pasando cada media hora por unha modalidade deportiva.
Estas foron:
- RCP-DESA MANOBRA de HEIMLICH
- BAILE MODERNO
- ORIENTACIÓN
- DXTS INCLUSIVOS (VOLEI SENTADO, BOCCIA, DESPRAZAMENTOS por PARELLAS con OLLOS TAPADOS, SLALON e BALONCESTO en CADEIRA de RODAS e BICICLETAS ADAPTADAS
Por utra banda, teño que dar as gracias tamén a Supermercados FROIZ e a Corporación Alimentaria PEÑASANTA por colaborar con nos, poñendo augas, froita e iogures para todos os participantes.
É un verdadeiro pracer poder organizar estas xornadas, vemos a cara dos rapacxs e vemos como disfrutan, iso é o que máis nos enche aos mestres de EF que organizamos estas xornadas.
Preguntade a rapaxzada...










