Ola, ola, que tal?
Aquí vos deixo o último deporte que conseguimos implementar dentro do colexio. O noso alumnado das clases de 3º e 4º de Ed. Primaria tiveron unha sesión de Taekwondo da man dos adestradores e propios competidores do clube MACE SPORT de Pontevedra.
Despóis de varias tentativas, conseguimos que puideran darnos esta sesión para a cal nos desprazamos ata o pavillón da ONCE (lugar onde o propio clube de Taekwondo fai os seus adestramentos e ten todo o material necesario).
Foi unha xornada especial posto que a parte de practicar deporte, aprendimos e practicamos un deporte novo en compañía dos alumnxs de ambalas dúas clases, polo que foi unha convivencia total.
Teño que darlle as gracias a Miguel Marcos e Martín polo seu bo facer co noso alumnado.
Para mostra...
Como sempre que ven alguén a darnos algunha sesión ao colexio de E.F., podedes asistir de forma gratuita a probar algunha sesión máis ao propio clube. Os interesados, falade conmigo. Animádevos!!!












