Ola, ola, que tal?
O noso alumnado de Ed. Primaria están a facer o deporte alternativo inclusivo do Floorball, é un deporte de iniciación ao hockey adaptado para facer nas escolas.
Só ten 3 normas de obrigado cumplimento para todxs xs participantes que son:
- o stick sempre ten que estar suxeto polas dúas mans.
- a pala do stick sempre ten que estar no chan.
- a pelota non se golpea, só se acompaña para dar un pase ou un lanzamento a portería.
Si algún non cumple algunha desta normativa, queda "pensando" fóra do campo de xogo, e se volve non cumplir unha destas normas, queda sen xogar ata o seguinte partido. Facemos unha liguiña de catro equipos onde todos xogan contra todos.
A parte, para que todxs se movan e sexa máis dinamico, non temos porteiros, todxs atacamos e defendemos.
O alumnado de 1º e 2º, non fan partidos, empezamos a levar unha pelota co stick, logo facemos pases por parellas e logo lanzamentos a portería.
Déixovos una ficha do Floorbal Escolar e a páxina dos profesionais Floorbal Profesional, por si queredes botar una ollada.


















