martes, 5 de mayo de 2026

Actividades Deportivas mes de Maio

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de maio. Seguimos con moitas actividades...

O 5 de maio: O alumnado de 1º de Ed. Primaria terá o seu bautismo Hípico e unha Gymkana na súa tradicional visita ao parque Multiaventuras ATALAIA. 

O 5 de maio: O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria fará unha andaina ata o pavillón da ONCE e practicará unha sesión de Defensa Persoal.

O 5 de maio: O alumnado de 4º de Ed. Infantil fará unha andaina ata o Supermercado GADIS onde lle explicarán o xa traballado na aula e aquí o verán en persoa.

O 6 de Maio: O alumnado de 6º de Ed. Primaria terá a súa sesión de Salvamento na piscina de Campolongo que lles servirá de preparación para a gran Xornada Final do vindeiro 27 de maio onde nos xuntaremos con 230 compañeirxs dos 10 colexios que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE. 

O 12 de maio: O alumnado de 3º de Ed. Primaria terá a súa sesión final de Tenis de Mesa no pavillón do Príncipe Felipe xunto con nenxs do Ceip Daría González. 

O 20 de maio: O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará a súa sesión de BARCO DRAGÓN na praia fluvial de Pontevedra onde nos xuntaremos con 210 compañeirxs dos 10 colexios que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE.

O 22 de maio: O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria terá a súa charla/sesión práctica de diversidade funcional da man de mestres e alumnxs de Xuntos.

O 27 de maio: O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a súa sesión final de SALVAMENTO na praia fluvial de Pontevedra onde nos xuntaremos con 280 compañeirxs dos 10 colexios que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE.

O 29 de maio: O alumnado de Ed. Infantil fará a súa tradicional Excursión de Fin de Curso onde tamén moverémonos dabondo. Xa vos dirán!!!

O 29 de maio: O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria visitarán as instalacións da Piscina Rías do Sur para ver o comezo da proba Copa do Mundo de Natación Artísitica onde participará a Selección Española cunha componente de Pontevedra, Daniela Suárez.