miércoles, 20 de mayo de 2026

Sesión Barco Dragón

Hoxe, o noso alumnado da clase de 5º de ed. primaria fixo a sesión de Barco-Dragón levada pola Asociación Dragón Boat Galicia na praia fluvial de Pontevedra, compartindo mañá con outros 215 rapaces da súa mesma idade de 9 centros escolares dos que conformamos ADESPONT.

Como xa vos indiquei varias veces, é unha actividade organizada por ADESPONT baixo o amparo do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Foi unha xornada estupenda onde a parte de practicar Barco-Dragón, fixemos outras 3 rotacións, unha de xogos de auga, outra de Xogos Alternativos, e outra de quecemento.

Quero agradecer a Dragón Boat Galicia, e máis o alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS pola súa aportación para con nós, levando estas actividades dunha forma espectacular para que o noso alumnado sacase o maior proveito.

Así mesmo, tamén quero deixar constancia a axuda que nos brindou o Servicio de Deportes e o Servicio de Medio Ambiente do Concello de Pontevedra, limpando a praia e deixándonos as chaves dos baños para que os puidésemos empregar se os necesitábamos.

Aquí tedes a mostra...