Hoxe, o alumnado de 3º de Ed. primaria, tivo a súa derradeira sesión de Tenis de Mesa, levada a cabo no pavillón do Príncipe Felipe en colaboración co Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro.
Puxeron en práctica todo o aprendido na 1ª sesión levada a cabo anteriormente nunha clase de EF.
A sesión consistiu en facer partidillos ao mellor de 7 puntos, pasando a xogar todos contra todos a modo de liguiña.
É un luxo poder contar coa colaboración do clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, implicándose en toda a organización desta xornada. Nós, compartimos co alumnado do CEIP Daría González e foi unha sesión de convivencia espectacular, a parte de practicalo deporte correspondiente.
Esta actividade está incluida dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.
Como xa vos indiquei, o Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, convida ao alumnado de 3º de Ed. Primaria, a asistir a un adestramento do clube completamente GRATUITO o vindeira semana no pavillón do Príncipe Felipe.