Ola, ola, como imos?
Aquí vos deixo a última actividade deportiva que conseguimos implementar dentro do colexio. O noso alumnado das clases de 3º e 4º de Ed. Primaria tiveron unha sesión de Defensa Persoal da man dos adestradores e propios competidores do clube MACE SPORT de Pontevedra.
O martes pasado fixemos iniciación ao Taekwondo e hoxe, conseguimos que puideran darnos esta maxistral sesión de Defensa Persoal, para a cal nos desprazamos ata o pavillón da ONCE, sede onde o clube fai parte dos seus adestramentos.
Foi unha xornada especial posto que a parte de practicar deporte, aprendimos e practicamos unha actividade nova en compañía dos alumnxs de ambalas dúas clases, polo que foi unha convivencia total.
Para mostra...







