viernes, 29 de mayo de 2026

Copa do Mundo de Natación Artística

O venres, 29 de maio, o noso alumnado das clases de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron a sorte de visitar as instalacións da Piscina Rías do Sur para presenciar a proba da Copa do Mundo de Natación Artística onde participan 28 das mellores seleccións do mundo, e a selección española presentará unha nova e novedosísima rutina na proba dos equipos.

É un verdadeiro luxo poder estar alí, e de seguro que a rapazada o recordará por moito tempo, posto que é unha proba de primeirísimo nivel. 

Teño que darlles as gracias a directiva do Galaico Sincro por contar con nós para poder asistir e ver aos mellores deportitas desta disciplina.





















De feito, ata saímos na TV, na canle tdp: