lunes, 1 de junio de 2026

Actividades Deportivas Mes de Xuño

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de xuño. Imos rematando...

O 2 de xuño: O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria fará a súa tradicional andaina por Pontevedra a cal poderedes acompañarnos as nais e pais.

4 de xuñoO alumnado de Ed. Primaria fará a súa tradicional Excursión de Fin de Curso ata o MUNCYT da Coruña, onde tamén moverémonos dabondo. Xa vos dirán!!!

O 5 de xuño: O alumnado de 2º de Ed. Primaria fará a súa tradicional andaina por Pontevedra a cal poderedes acompañarnos as nais e pais.

O 9 de xuño: O alumnado de 6º de Ed. Infantil fará a súa primeira andaina/xogos por Pontevedra organizado polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello.

10 de xuño: O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria fará unha xornada de Xogos Tradicionais xunto con nenxs do CEIP Froebel da súa mesma idade en colaboración coa Federación Galega de Petanca.

O 10 de xuño: O alumnado de 5º de Ed. Infantil fará a súa primeira andaina/xogos por Pontevedra organizado polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello.

O 15 de xuño: O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria fará a súa tradicional andaina por Pontevedra a cal poderedes acompañarnos as nais e pais.

O 15 de xuño: O alumnado de 4º de Ed. Infantil fará a súa primeira andaina/xogos por Pontevedra organizado polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello.

17 de xuñoO alumnado de 6º de Ed. Primaria fará unha xornada final de Orientación nas instalacións do Parque de Verán do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra xunto a 225 rapaces de 8 colexios de Pontevedra e arredores dentro das actividades organizadas por ADESPONT baixo o amparo do programa XOGADE do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.