miércoles, 17 de junio de 2026

Xornada Final de Orientación

Hoxe, o noso alumnado da clase de 6º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada Final de Orientación, actividade organizada por ADESPONT e baixo o amparo do Programa XOGADE do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia; aproveitando as instalacións do Parque de Verán do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Onde lle agradezo a súa directiva, que nos cederan esta impresionante instalación.

Fomos 225 alumnxs de 6º de Ed. Primaria de 8 colexios de Pontevedra e arredores e para unha boa organización, os dividimos en dos grupos, un de 115 e outro de 110; e mentres un destes grandes grupos fai o deporte de Orientación, o outro gran grupo, está na zona de instalacións deportivas facendo Xogos Predeportivos. Ao pasar a hora de xogo, cambian de actividade deportiva, para que os dous grupos poidan facer estas dúas actividades.

Unha vez rematado, merendamos e despóis, como festa final, bañámonos na piscina, facendo xogos de auga e disfrutamos desta ultima Gran Xornada deste curso escolar.

Foi unha pasada, e da gusto ver a cara da rapazada disfrutando tanto.

O próximo curso 2026-27; seguiremos nesta liña de traballo que tan bos resultados están dando. Vos agardamos!!!