miércoles, 10 de junio de 2026

Xogos Tradicionais

No día de hoxe, o noso alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, fixeron a súa xornada de Xogos Tradicionais xunto co alumnado da súa mesma idade do CEIP FROEBEL, para a cal, contamos coa colaboración da Federación Galega de Petanca.

Puidemos poñer en práctica o traballado nas sesións anteriores de EF sobre os Xogos Tradicionais e pasar unha xornada de convivencia co alumnado doutro centro veciño. 

Aquí vos deixo a preparación nestas clases anteriores:
































Foi moi bonito ver a gran participación e convivencia do alumnado por iso doulles as gracias ao seu titor, por participar con nós nesta xa tradcional xuntanza de final de curso e aos integrantes da Federación de Petanca, que tan amablemente comparten con nós, esta xornada..

Fixemos os xogos tradicionais de:

- trompos e peonzas

- petanca

- goma

- combas individuais e colectiva

- chapas

- peletre