martes, 2 de junio de 2026

Andaina 3º e 4º de Ed. Primaria

Hoxe, as clases de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron a andaina pola zona vella de Pontevedra, levada maxistralmente por Raquel, técnica de Turismo do Concello de Pontevedra.

Visitamos a Praza de España, as Ruinas de San Domingos e a Basílica de Santa María, resaltado a súa historia e a importancia que tiveron e teñen na cidade.

Foi estupendo compartir con vos, nais e pais do alumnado, esta fenomenal andaina, curtiña, pero moi interesante. Para os que quedastes con gañas de máis, en verán, a podedes facer e son un pouquiño máis longas. Animádevos.

Como mostra: