Ola, ola, como imos?
No día de hoxe, o noso alumnado da clase de 4º de ed. primaria tivo a súa sesión preparatoria de Baile Deportivo por parte de Adrián Esperón, director da Escola de Baile Pontebaile (enlace), foi unha verdadeira pasada ver coma os rapaces empezaron tímidamente cos pasos marcados por Adrián, para acabar bailando sen ningún tipo de complexo. Foi unha marabilla ver esa evolución en tan pouco tempo.
Esta sesión sírvenos para preparar a Xornada Multideportiva do día 14 de abril, organizada por ADESPONT e dentro do Programa XOGADE; onde nos xuntaremos con outros 250 rapaces de 4º de ed. primaria doutros colexios de Pontevedra e arredores.





