martes, 14 de abril de 2026

Xornada Multideportiva de 4º Ed Primaria

O martes, 14 de abril, o alumnado de 4º de ed. primaria tivo a súa Xornada Multideportiva Intercentros organizada por ADESPONT e dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, onde compartimos mañá con 250 rapaces e rapazas de 11 centros escolares de Pontevedra e a súa contorna. Foi unha xornada estupenda onde a parte de practicar os deportes previamente traballados nas sesións de EF en cada centro escolar, pasamos unha xornada de convivencia con nenos e nenas doutros colexios, que para min é o verdadeiramente importante.

Os deportes practicados foron: RUGBY CINTA, RCP-DESA-MANOBRA de HEIMLICH, JUDO e BAILE DEPORTIVO.

Teño que darlle as gracias a toda a cativada pola súa grandísima implicación e aos adestradores dos equipos polo súa grandísima labor para con nós. É un verdadeiro luxo poder contar con xente tan involucrada e desinteresada coma todxs eles.

PARABÉNS!!!