jueves, 11 de junio de 2020

Máis rutinas

Ola, ola! Todo ben?

Aquí vos deixo máis rutinas deportivas dos vosos compañeiros e compañeiras. Están xenial e anímovos a que sigades mandando os vosos traballos. É estupendo ter noticias vosas e ver que estades todos e todas así de ben.

Que marabilla!!! 














miércoles, 10 de junio de 2020

E máis traballos...

Ola, que tal imos?

Desexo que moi ben. Parece que coas novas propostas semanais e as videochamadas, algún animouse a mandar os seus exercicios deportivos, que ledicia!!!

Espero que sigades mandando fotos e vídeos cos vosos traballos de deporte. Xa sabedes que tendes que envialos o correo colexiosanjose@hotmail.com

Aquí vos deixo os últimos que me enviastes.

Apertas para todos e todas.











martes, 9 de junio de 2020

Rutinas dos compañeiros e compañeiras

Ola, ola! Como imos?

Aquí vos poño máis vídeos e fotos coa proposta de "rodas" que vos fixera. Están xenial.

Gustaríame que mandarades algo tamén coa outra proposta semanal que vos propusen a semana pasada, fiséchedes algo relacionado?

Espero que vos guste e gustaríame que mandedes máis e máis cousas feitas por vos.







lunes, 8 de junio de 2020

Proposta semanal

Ola, ola! Que tal?

Aquí vai a miña proposta desta semana. O que faremos será... outro circuíto!!!!

Xa sabedes que podedes adaptalo os vosos espacios interiores ou exteriores que teñades, e incluso, podedes facelo na praia, piscina, finca, campo ou onde estedes.

Premede aquí os interesados e interedadas en facelo: CIRCUITO IV

O mesmo tempo, vos propoño sacar fotos ou vídeos onde empreguedes algún aparato ou artiluxio que teña rodas e así ter moitas con todos e todas vós. Que vos parece???
Espero que vos pareza interesante e que vos animedes a mandalas. Aquí publicarei as que me vaiades mandando. Recordade envialas o correo colexiosanjose@hotmail.com

Apertas para todos e todas e moitas gracias a todas as familias. 

TEDES MOITÍSIMO MÉRITO. GRACIAS.

viernes, 5 de junio de 2020

Traballos dos compañeiros

Ola, como ides?

Espero que moi, moi ben, e que sigades facendo moitas actividades deportivas.

Como vos teño dito, podedes sacar calquera foto ou vídeo do que fagades relacionado co deporte, e envialo o correo: colexiosanjose@hotmail.com para que eu poida logo subilo o blogue deportivo de centro.

Últimamente, animáronse máis alumnos a mandar os seus traballos, quen será o seguinte?

A proposta desta semana, foi a dos bailes, pilates, zumba, etc. e a algúns de vos, nas videochamadas, vos dixen que poderiades mandar calquera foto ou vídeo tendo de referencia a palabra "RODAS", así que espero que o fagades, mandando cousas coas vosas bicis, patinetes, patíns, triciclos, motos, e todas as cousas que se vos ocorran relacionado co deporte e que teña rodas.

Aquí vos mando os traballos que me chegaron:







miércoles, 3 de junio de 2020

E máis rutinas...

Ola, ola! Que tal?

Espero que moi ben. 

Despois das videconferencias da última semana, algún animouse a mandar os seus exercicios deportivos, o cal, alédome porque faime moita ilusión. Así que, desexo que sigades mandando fotos ou vídeos.

Aquí van os que me chegaron deste derradeiro fin de semana.











lunes, 1 de junio de 2020

Proposta semanal

Ola rapaces e rapazas! Como imos?

Seguro que moito mellor agora que podemos sair a rúa máis tempo, podemos estar con máis amigos.

Esta semana vos propoño facer un pouco de zumba, aerobic, pilates, etc. Espero que o fagades e me enviedes os vosos exercicios o correo colexiosanjose@hotmail.com para que os poida subir logo eu o blogue deportivo do centro.

Aquí vos quedan os enlaces para os diferentes cursos. Animádeos a participar.

Educación Infantil:

Enlace 1
Enlace 2
Enlace 3

1º y 2º Educación Primaria:

Enlace 1
Enlace 2
Enlace 3

3º y 4º Educación Primaria:

Enlace 1
Enlace 2

5º y 6º Educación Primaria:

Enlace 1
Enlace 2
Enlace 3