jueves, 10 de noviembre de 2022

Sesións de fútbol sala

Na xornada de hoxe, tivemos a sorte de contar coa presencia dos adestradores e xogadoras do Poio Pescamar de fútbol sala, equipo pertencente a Primeira División Femenino Futsal.

Teño que agradecerlles tanto os adestradores coma as xogadoras que puideran compartir con nós esta mañá, mostrando en todo momento moitas gañas de estar con nós. A rapazada pasouno estupendamente e quedaron con gañas de máis.

Na sesión coa clase de 4º de educación primaria, estiveron Luis (1º adestrador), Elena, Sandra e Martita e na sesión coa clase de 3º de educación primaria, estiveron Kevin (2º adestrador), Luci (campiona de europa coa selección nacional), Agostina e Dupuy (xogadoras internacionais coa selección de Arxentina)

Para mostra...












Como podedes comprobar, lles repartiron unhas invitacións para o partido que disputarán no pavillón da Seca de Poio este próximo sábado as 18:30 horas contra o Rayo Majadahonda FS. Se queredes máis entradas, só tedes que pedirmas, xa que conseguín algunhas máis por si queredes para os vosos irmáns.












lunes, 7 de noviembre de 2022

Actividades Deportivas Vosas

Ola, ola, como imos?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas fóra do cole.

Espero que vos animedes e me mandedes as máximas fotos ou vídeos de vos facendo deporte para que poidamos ter un blogue deportivo o máis participativo posible.

Vos recordo que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es



domingo, 6 de noviembre de 2022

Sesións de Judo

Durante a semana pasada, tivemos a sorte de poder facer con cada clase de educación primaria, unha sesión de iniciación ao Judo impartida maxistralmente polo Maestro de Judo Alberto Guimeráns Rodríguez.

O mércores tocoulle o turno as clases de 5º e 6º de ed. primaria; o xoves as clases de 3º e 4º de ed. primaria e o venres as clases de 1º e 2º de ed. primaria.

Sairon todas as sesións estupendamente, a rapazada comportouse fenomenal e teño que agradecer o Mestre Alberto pola súa comprensión cos rapaces/as e saber transmitir en tan pouco tempo unhas pinceladas de iniciación a este fantástico deporte. Sa sabedes que si a algún, picoulle o bichiño e quere seguir probando, só tendes que dicirmo e eu vos poño en contacto con él.

Déixovos aquí o reportaxe fotográfico: