viernes, 24 de marzo de 2023

Actividades vosas

Ola, que tal? Xa estamos de volta. 

Aquí vos deixo as fotos que me chegaron esta semana. Como sabedes, estou encantado de recibir as fotos ou vídeos de vos facendo cualquier actividade deportiva vosa fóra do cole; xa que este blogue o facemos entre todos e todas, espero que sigades mandando a educacionfisica@cprsanjose.es










miércoles, 22 de marzo de 2023

Xornadas baloncesto e Rugby Cinta

Na xornada do martes, 21 de marzo; o alumnado de 3º e 4º de ed. primaria tiveron a sorte de facer estes dous deportes, Baloncesto e Rugby Cinta, para preparar a xornada intercentros que imos facer o vindeiro martes, 28 de marzo nas instalacións da Xunqueira.

Teño que agradecer tanto o Clube Arxil coma o Pontevedra Rugby Clube o seu bo facer e as gañas que puxeron para que o noso alumnado aprendese o máximo posible do seu deporte.

Para mostra, deixo estas fotos...






























viernes, 10 de marzo de 2023

Xadrez

Ola, ola, que tal?

Vimos de rematar as xornadas de xadrez que realizamos todos os anos no colexio. Participou todo o alumnado dende 1º a 6º de educación primaria. Vexo unha mellora considerable en algún alumnado, sobre todo no que mostra interese por aprender, coma en todas as actividades e materias.

Nótase moitísimo nos rapaces que xogan algunha vez na casa coas súas familias, sobre todo no coidado do material e na atención que prestan nas explicacións.

Contamos outra vez, coma dende a introducción do xadrez nas clases de educación física do centro, coa colaboración do Clube Xadrez Pontevedra da man de Miguel, adestrador da Escola. Un luxo poder contar coa súa presencia.