viernes, 21 de febrero de 2025

Sesións avaliación RCP coa Escola de Enfermería

Ola, como imos?

Esta semana tivemos as sesións de recordo e avaliación do aprendido nas sesións de RCP (en adultos e bebés) e Manobra de Heimlich.

Foi un placer contar coa presencia das alumnas e profesorado da Escola de Enfermería posto que fixeron unha grandísima labor tanto de didáctica como de coñecementos aos nosos cativos en non tan cativos.




















Fotos e videos vosas 13

Ola, aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron. Como vedes, a proposta de deportes vaise ampliando. Temos uns verdadeiros deportistas entre nós.

Anímovos a que as enviades a educacionfisica@cprsanjose.es










miércoles, 19 de febrero de 2025

Sesión de XADREZ

O luns pasado, a clase de 4º de ed. primaria tivo a sesión de xadrez preparatoria para a gran xornada final de todos os cursos de 4º de primaria dos colexios que formamos ADESPONT.

O adestrador foi Miguel, do Clube Xadrez Pontevedra, adestrador que tamén nos acompañará o día 8 de abril.

Empregamos a pantalla dixital da clase, e o alumnado foi respostando as preguntas plantexadas durante a sesión e rematamos xogando unha partida comunitaria. Foi moi interesante e a rapazada mostrou moitísimo interese por seguir aprendendo.






viernes, 14 de febrero de 2025

Fotos e Videos Vosas 12

Ola, aquí vos deixo outras recetas que me chegaron do alumnado que está a traballar os hábitos saudables. Probade, está boísimo... e tamén os últimos deportistas en achegar as súas fotos.










Desexo que enviedes máis fotos ou videos a educacionfisica@cprsanjose.es

jueves, 13 de febrero de 2025

Xornada Multideportiva ADESPONT

Ola, que tal?

Onte tivemos co alumnado de 5º de ed. primaria a súa xornada Multideportiva con todos os compañeiros e compañeiras dos 12 colexios que formamos ADESPONT, amparados polo Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, dentro do Programa XOGADE.

Foi un verdadeiro placer ver desfrutar a toda a cativada, relacionándose con nenxs doutros colexios e practicando modalidades deportivas novas, entre elas, acercando ao alumnado os DEPORTES INCLUSIVOS como o ciclismo, baloncesto en cadeira de rodas, o slalon en cadeira de rodas, a boccia ou o Goalball contando coa colaboración de diferentes entidades coma AMENCER co seu proxecto RODANDOAMIZADEENKIAMFIV.

Nota de Prensa do Diario de Pontevedra

A parte dos deportes inclusivos, fixemos ORIENTACIÓN, BAILE MODERNO, RCP-DESA e XOGOS TRADICIONAIS contando coa colaboración da Escola de ENFERMERÍA da Universidade de Vigo, Escuela de Danza FITA NOVAS, ciclos do TSEAS e Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra.

Tamén teño que darlle as gracias a supermercados GADIS e supermercados FROIZ pola súa colabración para con nós, cedéndonos auga e froita para todos os participantes.

Mención especial merecen todxs os mestre de EF dos colexios implicados, posto que a parte da súa grandísima labor diaria, supón un esforzo moi grande realizar as sesións de preparación para esta gran xornada.

Por todo o falado, PARABÉNS para todxs!!!