lunes, 10 de febrero de 2025

Xornada de convivencia no CEIP de Cabanas

O martes pasado, o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, foron ata o CEIP de Cabanas a facer una sesión de EF con nenos e nenas do citado colexio. Foi unha xornada de convivencia espectacular onde a parte das actividades moi ben propostas polo mestre de EF do centro, serviunos para convivir e xogar con nenxs da nosa mesma idade doutro colexio, polo que estamos altamente agradecidos a súa invitación e pasamos unha xornada de EF diferente as habituais.

Fixemos varias rotacións, onde a rapazada dividida en equipos mixtos de nenxs dun e doutro cole, xogaron xuntos e fixeron todas e cada unha das tarefas propostas ata pasar por todas as rotacións.

Estas tarefas foron:

* Circuito de Habilidade e trepa.

* Lanzamentos de Precisión.

* Sacar o Rabo.

* Equilibrio con Placa e Zancos.

* Minigolf.

* Floorball

Coma mostra...