Hoxe, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria fixeron a sesión de EF cunha xornada deportiva nas instalacións de Rías do Sur. Como xa vos contaramos, o alumnado dividido en dous grupos, fixo unha primeria parte da xornada dun deporte e a segunda parte da xornada, outro deporte.
Estos dous deportes foron; WATERPOLO da man do Clube Waterpolo Pontevedra co seu adestrador ARTHUR a cabeza e seguido polas 4 integrantes do primeiro equipo feminino; as dúas internacionais colombianas e as dúas chilenas. O segundo deporte foi o SQUASH da man do Clube Squash Rías Baixas co seu adestrador DAMIÁN a cabeza e con dous xogadores do equipo ADRIÁN e MARTA DOMÍNGUEZ, recentemente proclamouse campiona do mundo de squash universitario en Johannesburgo (Sudáfrica).
Foi un verdadeiro gustazo ver ao alumnado facendo ambolos dous deportes, poñendo todas as gañas do mundo en facelo ben; destacando que o que máis nos interesaba era que aprenderan e o pasaran moi pero que moi ben; e de seguro que así foi vendo as caras de felicidade que tiñan todxs ao rematar a xornada.
Como mestre especialiste en EF, doulles as gracias a todos os adestradores e xogadorxs que compartiron con nós estas fantásticas sesións, quedando emplazados para repetir en futuras ocasións.