miércoles, 19 de febrero de 2025

Sesión de XADREZ

O luns pasado, a clase de 4º de ed. primaria tivo a sesión de xadrez preparatoria para a gran xornada final de todos os cursos de 4º de primaria dos colexios que formamos ADESPONT.

O adestrador foi Miguel, do Clube Xadrez Pontevedra, adestrador que tamén nos acompañará o día 8 de abril.

Empregamos a pantalla dixital da clase, e o alumnado foi respostando as preguntas plantexadas durante a sesión e rematamos xogando unha partida comunitaria. Foi moi interesante e a rapazada mostrou moitísimo interese por seguir aprendendo.