Como xa vos indicamos por correo ou por abalar, onte, fixemos a formación para pais, nais e familiares do alumnado do colexio en RCP e DESA; como mostra do que os vosos fillxs practican en cada mes de febreiro, mes adicado ao RCP-DESA e ao xadrez.
Fixemos unha explicación da formación que recibe a cativada cunha pequena explicación do programa "RCP na AULA", titulación que reciben o noso alumando en 6º de Ed. Primaria, video explicativo e práctica con monecos e co DESA. Falamos da Posición Lateral de Seguridade, de RCP en cativos e da Manobra de Heimlich.
Foi unha formación altamente satisfactoria pola miña parte, foi todo un gusto poder compartir con vos estas sesións e douvos as máis sinceiras gracias por participar e mostrar tanto interese en aprender. Espero que vos, levarades estas mismas conclusións.
A idea é seguir realizando esta formación nos vindeiros cursos, para o cal, vos manteremos informados.