Ola, que tal?
Onte tivemos co alumnado de 5º de ed. primaria a súa xornada Multideportiva con todos os compañeiros e compañeiras dos 12 colexios que formamos ADESPONT, amparados polo Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, dentro do Programa XOGADE.
Foi un verdadeiro placer ver desfrutar a toda a cativada, relacionándose con nenxs doutros colexios e practicando modalidades deportivas novas, entre elas, acercando ao alumnado os DEPORTES INCLUSIVOS como o ciclismo, baloncesto en cadeira de rodas, o slalon en cadeira de rodas, a boccia ou o Goalball contando coa colaboración de diferentes entidades coma AMENCER co seu proxecto RODANDO, AMIZADE, ENKI, AMFIV.
Nota de Prensa do Diario de Pontevedra
A parte dos deportes inclusivos, fixemos ORIENTACIÓN, BAILE MODERNO, RCP-DESA e XOGOS TRADICIONAIS contando coa colaboración da Escola de ENFERMERÍA da Universidade de Vigo, Escuela de Danza FITA NOVAS, ciclos do TSEAS e Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra.
Tamén teño que darlle as gracias a supermercados GADIS e supermercados FROIZ pola súa colabración para con nós, cedéndonos auga e froita para todos os participantes.
Mención especial merecen todxs os mestre de EF dos colexios implicados, posto que a parte da súa grandísima labor diaria, supón un esforzo moi grande realizar as sesións de preparación para esta gran xornada.
Por todo o falado, PARABÉNS para todxs!!!