miércoles, 22 de marzo de 2023

Xornadas baloncesto e Rugby Cinta

Na xornada do martes, 21 de marzo; o alumnado de 3º e 4º de ed. primaria tiveron a sorte de facer estes dous deportes, Baloncesto e Rugby Cinta, para preparar a xornada intercentros que imos facer o vindeiro martes, 28 de marzo nas instalacións da Xunqueira.

Teño que agradecer tanto o Clube Arxil coma o Pontevedra Rugby Clube o seu bo facer e as gañas que puxeron para que o noso alumnado aprendese o máximo posible do seu deporte.

Para mostra, deixo estas fotos...






























viernes, 10 de marzo de 2023

Xadrez

Ola, ola, que tal?

Vimos de rematar as xornadas de xadrez que realizamos todos os anos no colexio. Participou todo o alumnado dende 1º a 6º de educación primaria. Vexo unha mellora considerable en algún alumnado, sobre todo no que mostra interese por aprender, coma en todas as actividades e materias.

Nótase moitísimo nos rapaces que xogan algunha vez na casa coas súas familias, sobre todo no coidado do material e na atención que prestan nas explicacións.

Contamos outra vez, coma dende a introducción do xadrez nas clases de educación física do centro, coa colaboración do Clube Xadrez Pontevedra da man de Miguel, adestrador da Escola. Un luxo poder contar coa súa presencia.




























jueves, 9 de marzo de 2023

Programa "RCP na Aula"

O luns, comezamos o xa tradicional programa "RCP na Aula", co cal pretendo que o noso alumnado coñeza de primeira man o que temos que facer ante unha posible parada cardiorrespiratoria. Como sabedes, en 1º e 2º de educación primaria, ven e manipulan os monecos de RCP e a partir de 3º ata 6º de educación primaria, facemos o programa en sí.

O alumnado de 6º de educación primaria, se vos os pais, nais ou titores legais o autorizades e superan a proba, reciben o diploma que lles acredita como coñecedores do Soporte Vital Básico









Aproveitando a ocasión, na xornada de onte, tivemos a sorte de contar con varias nais e pais que quixeron facer e probar a realizar o RCP e uso do DESA que fan os seus fillos e fillas. Teño que darlles as gracias por vir, facer e involucrarse no programa. É unha pena que foran poucos pais e nais os que puideron vir, pero espero que en próximas convocatorias, poidades vir máis e así entre todos e todas formar unha boa comunidade educativa.

Tamén teño que agradecer as miñas mestras compañeiras que quixeron formar parte da sesión, participando moi activamente nela.

Cantos máis saibamos como actuar, mellor que mellor para todos e todas, non vos parece?











Coreografías

Ola, como imos?

O martes pasado tivemos a sorte de contar coa presencia da coreógrafa e mestra de baile moderno Nana, pertencente a Escola de Danza Fita Novas coas clases de 3º e 4º de educación primaria. Teño que darlle as gracias polo seu saber facer e as maxistrais sesións que nos fixo.

Esta xornada a imos cumplimentar coa xornada intecentros que faremos o 28 de marzo, onde imos completar e demostrar todo o aprendido no martes pasado.

Temos de todo, uns bailan estupendamente e a outros...lles custa un pouquiño máis.












Nana, deixounos esta cuartilla, por si algún quere apuntarse as súas clases e poder seguir disfrutando do baile.