sábado, 12 de junio de 2021

Tenis de Mesa Monteporreiro

O xoves, 10-06-21, o alumnado de 3º de educación primaria, tiveron a sorte de poder desfrutar dunha exhibición de tenis de mesa por parte dos integrantes do clube de tenis de mesa Monteporreiro no pavillón do Príncipe Felipe.

Logo desta fantástica exhibición, puideron practicar este bonito deporte e incluso xogar con estos e estas xogadores/as profesionais do clube.

Foi todo un placer poder pasar esta increíble xornada e o trato dos xogadores e xogadoras foi exquisito para cos nosos rapaces e rapazas. É un luxo contar con persoas así e que o noso alumnado poida probar e desfrutar deste magnífico deporte.

Xa o saben, pero incido en recordarllo; se para o curso que ven, queredes probar este deporte, só tendes que indicarmo a min, e eu poñereivos en contacto co clube ou vos directamente cos dirixentes do clube, como queirades.

Ánimo e a probar...























Teño que darlle as gracias os compoñentes e os directivos do clube de Tenis de Mesa Monteporreiro por deixar que o noso alumnado poida practicar e pasar unha agradable xornada coma a que pasamos, que seguro, repetiremos en vindeiros cursos.

Ata a próxima...

Podedes seguir toda a información referente a este clube en: http://tenisdemesamonteporreiro.blogspot.com/


viernes, 11 de junio de 2021

Vosas actividades

Ola, aquí vos deixo a fotos e vídeos que me foron chegando durante esta semana.

Como vedes, temos fotos con "rodas" e con "auga". Están xenial e espero que podades seguir mandando fotos das vosas actividades deportivas feitas fóra do horaio escolar.

Xa sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es

A proposta que vos fago para esta semana é a palabra "auga". Con estes días de tanto calor, seguro que se vos ocurre facer actividades deportivas empregando este medio.

Vos recordo que podedes enviar fotos ou vídeos con referencias as palabras: "rodas", "auga", "cabalo", e todo o que se vos ocorra...





miércoles, 9 de junio de 2021

3ª xornada de andainas e bicis de 6º de primaria

Hoxe tocou o turno co alumando de 5º de educación primaria de facer a súa andaina. Foi moi interesante ver como igual que os días anteriores, temos rapazada que non coñecen o sendeiro do río dos Gafos!!! É curioso, pero para iso facemos estas andainas, para que descubran zonas do medio da cidade que pasan desapercibidas por a gran maioría de persoas.

Aquí deixo unhas fotos:


                                   
   


                                        


                                        


                                         





Por outro lado, co alumnado de 6º de educación primaria, retomamos a xornada de bicicletas que tivemos que suspender a semana pasada pola choiva. 
Estivo moi ben, e puidemos facer probas de bicicleta e o duatlón, que foi altamente cansado polo sol da xornada de hoxe.

Aquí vos deixo o reportaxe fotográfico:





2º xornada de Andainas

O martes desta semana, fixemos a segunda xornada de andainas e fomos coas clases de 2º, 4º e 1º de educación primaria.

Visto o éxito das andainas do día anterior, retomamos as mesmas rutas e seguimos co que tiña pensado cando planifiquei estas camiñadas.

Como mostra, deixo este reportaxe fotográfico: