sábado, 27 de mayo de 2023

Actividades deportivas da próxima semana

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que imos realizar a semana que ben para que teñades unha pequena idea.

O luns, 29 de maio, o alumnado de 5º de ed. primaria terá a sorte de poder facer unha sesión de BAILE DEPORTIVO co afamado bailarín pontevedrés Adrián Esperón, moitas veces campión de España e participante representando ao noso pais en europeos e mundiais deste tan difícil deporte. Servirannos para preparar a xornada intercentros que imos realizar o 5 de xuño nas instalacións do pavillón multiusos da Xunqueira.

O martes, 30 de maio, o alumnado de 1º e 2º de ed. primaria, que vos os pais e nais o autoricedes, van facer unha iniciación a NATACIÓN ARTÍSTICA, contando coa colaboración do Clube Galaico Sincro. Teñen que vir co bañador posto, por riba o chándal e camiseta do colexio e nunha mochila, unha muda para cambiarse, chanclas, gafas de bucear, gorro de piscina e toalla para secarse.

O mércores, 31 de maio, o alumnado de 5º de ed. primaria fará a segunda xornada de DRAGÓNS, onde visitaremos as instalacións do Clube Cidade de Pontevedra de Piragüismo e subiremos a embarcación para entre todos e todas, mover a embarcación e desplazarnos o máis rápido e mellor posible. Servirannos para practicar o máximo posible e preparar a xornada intercentros que imos facer na praia fluvial de Pontevedra o 14 de xuño.

O alumnado terá que vir co chándal e camiseta do colexio e unha mochila con unha toalla, outro chándal do colexio ou uniforme por si mollamos o posto, unha muda de roupa interior máis calcetíns e uns tenis de reposto. Se o día está un pouco con chuvia, recomendo un chuvasqueiro e se está soleado, crema de protección solar e viseira.


viernes, 26 de mayo de 2023

Provincial Atletismo en Pista

Ola, deixo por aquí as fotos da sesión de Atletismo en Pista que fixemos este xoves pasado no CGTD co alumnado de 5º de ed. primaria.

A xornada estivo xenial, e a parte de facer as probas de atletismo que tiñamos preparadas (60 metros lisos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, 500 metros, lanzamento de vórtex e relevos 4 x 60 metros), pasamos un día de compañerismo entre todos a todas os participantes.

Rematamos e para o ano viremos con máis gañas de participar nunha nova edición desta xornada de Atletismo en Pista do programa XOGADE da Xunta de Galicia. 













         

Nota de prensa

Aquí vos deixo a nota de prensa que lle mandei a prensa e que saiu hoxe no Faro de Vigo edición Pontevedra.

Nota de prensa Faro de Vigo

Xornada Intercentros 10

Ola, ola, que tal?

Vos deixo aquí unhas fotos da actividade que fomos a realizar o mércores pasado ao colexio CEIP de Cabanas co alumnado de 6º de ed. primaria de ambolos dous colexios.

Foi unha xornada espectacular onde a rapazada pasouno estupendamente a parte de practicar deporte, que é o obxectivo principal destas xornadas.

Tocounos facer 5 modalidades deportivas diferentes, comezamos co KICKBALL, logo pasamos ao FLOORBALL e XADREZ, despois da merenda que tan amablemente nos ofreceron dende o Colexio de Cabanas (mazá, plátano e auga para repoñer forzas e poder seguir coas actividades) fixemos as COREOGRAFÍAS de BAILE que tiveron que preparar, e finalmente rematamos coa PELOTA CANADIENSE.

Teño que darlles as gracias tanto ao alumnado, como ao profesorado do CEIP de Cabanas pola súa boa acollida e amabilidade para con nós e especialemente teño que darlle as GRACIAS o mestre de ed. física Jose Luis, que tan ben organizou esta xornada.

Repetiremos o próximo ano!!!















viernes, 19 de mayo de 2023

Actividade circuítos arbóreos

O pasado martes, o alumnado da clase de 4º de ed. primaria do colexio, fixo a xa tradicional visita o Ecoparque de Marín para facer a actividade de circuítos arbóreos.

Foi toda unha experiencia e a rapazada pasouno xenial, querendo incluso facer máis recorrido.

Notouse moito os que xa o fixeron noutras veces e os que ían por primeira vez, pero en xeral son todos e todas uns verdadeiros especialistas.

Para mostra:























Actividade de natación

Onte, o alumnado de 5º e 6º de ed. infantil (que os pais e nais o autorizaron), fixo o "seu bautizo" de auga nas instalacións das piscinas Rías do Sur en colaboración co Clube Galaico Sincro onde as súas adestradoras Chus e Diana fixeron un grandísimo traballo polo cal llo agradezo un montón e espero que poidamos seguir realizando esta actividade deportiva tan importante como é a natación artística.

Dividiron os alumnos/as en grupos de 6, onde elas estiveron traballando de forma individual con cada rapaz e rapaza, mentres os demáis esperaban o seu turno xogando cos monecos que tiñan a súa disposición. Foi tan dinámica a práctica que lle deu tempo a facer moitas cousas e de seguro que a próxima vez, facemos moitas máis.

















Como xa vos indicara anteriormente, este mesmo Clube vos convida a facer de forma GRATUÍTA, sesións de iniciación a natación artística na que podedes seguir disfrutando dela. Os interesados/as, podedes apuntarvos seguindo estas indicacións: