viernes, 21 de noviembre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 9

Aquí seguimos publicando fotos de vos facendo actividades deportivas fóra do horario escolar e empregando o material que temos na Mochila Deportiva!!!

Xa sabedes que se queredes, tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es

























jueves, 20 de noviembre de 2025

Xornada de Xogos Tradicionais

O pasado mércores, tivemos o MAGOSTO do Colexio onde convidamos a todos os pais, nais e familiares dos nosos rapaces a que puideran acercarse a celebralo con nós. Nesta xornada, practicamos os Xogos Tradicionais que previamente xa traballaramos nas sesións de EF.

Foi un verdadeiro gusto ver xogar a maiores e pequenos a estes incríbles xogos que tanto arraigo teñen en Galicia.

Para mostra:




miércoles, 19 de noviembre de 2025

Charla Centro VIDERE

No día de onte, tamén tivemos a interesantísima charla-coloquio sobre visión e vista, impartida polo Centro de Optometristas VIDERE onde Antía, a ponente, deu unha maxistral sesión adaptándose tanto aos mestres, coma aos pais e nais, coma aos rapaces que asistiron.

Teño que darlle as máis sinceiras gracias a propia ponente Antía, pola súa grandísima profesionalidade, como aos pais e nais asistentes pola súa gran implicación e aos mestres, polo seu interesarse por un tema tan de moda hoxe en día. GRACIAS e espero que fose do voso agrado.







Actividade no medio Natural. Visita ao PAAR de Campolameiro

Onte, o noso alumnado da clase de 2º de Ed. Primaria fixo a sua tradicional visita ao Medio Natural coa visita ao PAAR Campolameiro. Puidemos camiñar polos mesmos lugares que o fixeron os nosos antepasados fai 4000 anos e ver as súas pegadas.







  

martes, 18 de noviembre de 2025

Nova achega dun clube

Ola, o clube de baloncesto CAB PONTEVEDRA deime esta información para entregarlle aos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Ed. Primaria por si algún de vos está interesado en formar parte do clube. Xa sabedes, os que queirades...chamade!!!

Cada alumx deses cursos, levou un panfleto informativo.



lunes, 17 de noviembre de 2025

Trompos e Peonzas

A semana pasada tivemos o noso tradicional "Por San Martiño... trompos ao Camiño" con todos os cursos do centro e aquí vos deixo a mostra...













viernes, 14 de noviembre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 8

Ola, ola! Que tal?

Como xa sabedes, o venres pasado, comezamos coa MOCHILA DEPORTIVA que consiste en que cada venres, un/ha rapaz/a de cada clase (dende a clase de 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria)  a leve para casa e poida practicar con todo o que leva dentro. Tedes ata o mércores seguinte para devolvela a clase para que o venres seguinte a poida levar outro compañeirx.

Vos animo a que xoguedes moito e saquedes algunha foto para que despois de mandarma, podela subir a este blogue deportivo que conformamos toda a Comunidade Educativa do Centro.

A parte, outros compañeirxs, seguen mandando as súas fotos das actividades deportivas que fan fóra do horario lectivo. Ánimo que están xenial!!!!